CRTVG

Buscar

Suspendido o xuízo contra Sinaí Giménez por agredir gardas civís

Publicado o 25/06/2019 11:11

O xuízo contra Sinaí Gíménez, o autoproclamado rei dos xitanos, e contra outros cinco membros da súa familia quedou suspendido despois de que tres dos seis acusados non comareceran nos xulgados de Pontevedra. 

Os membros do clan dos moróns tiñan que responder, desta volta, por un altercado nos xulgados de Tui, o 30 de abril de 2014, en que quedaron feridos un avogado e varios gardas civís. Os feitos foron cualificados como delitos de atentado contra axentes da autoridade e obstrución á xustiza. 

Non se presentaron na sede xudicial nin Juan Paulo, nin Consuelo, nin Marino. A Consuelo vaina visitar un forense no seu domicilio para dilucidar se está en condicións de ser xulgada e contra Marino emitiuse unha orde de detención. En calquera caso, xa se fixou unha nova data para o xuízo, que será o 16 e o 17 de outubro.

E non será o único proceso que teñan que afrontar os moróns nos próximos meses. En xullo serán xulgados por unha pelexa no mercado de Cangas. Entre un e outro xuízo, a familia enfróntase a 50 anos de cárcere.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019