CRTVG

Buscar

Maxi Gómez irá ao West Ham e bloquea o regreso de Santi Mina

Publicado o 08/07/2019 17:28

Maxi Gómez vai ao West Ham, que paga os cincuenta millóns de euros que ten a súa cláusula. Todo porque á axencia do futbolista lle vai mellor así. Foi a que presionou. Isto esnaquiza o acordo que tiñan o Celta e o Valencia e que incluía a Santi Mina.

O Celta non pode impedir que o uruguaio vaia á Premier porque é o seu desexo. Triplícanlle o que ía gañar en Mestalla. Pero o Celta recibe cincuenta millóns que ten para gastar. Agás o vinte por cento, que é para o Sporting Defensor de Uruguai.

Santi Mina incorporouse aos adestramentos en Valencia esta mañá pendente da súa saída. Mina mostrara o seu desexo de regresar ao Celta. Agora todo pasa por un acordo Celta-Valencia e pagando o Celta un traspaso polo xogador vigués.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/07/2019