CRTVG

Buscar

Mauro Silva confía na reacción do Deportivo: "Sufro dende a distancia"

Publicado o 12/11/2019 18:24

Alén das fronteiras e dos océanos tamén chega a incerteza polo futuro do Deportivo. Dende O Brasil, Mauro Silva, figura senlleira do Superdépor, súmase ao coro dos preocupados.

Silva protagonizou xunto a un escollido grupo de futbolistas os mellores anos da historia do deportivismo. Unha historia que tampouco sería como foi de non ter detrás a unha afección que agora sofre arreo.

Os devezos de glorias pasadas non poden ocultar as dificultades e os riscos do presente. Unha emerxencia futbolística e institucional para a que o Mauro Silva receita traballo, traballo e traballo.

En Riazor houbo un tempo no que habitaron xigantes. Hoxe, menudea a depresión e o escepticismo, pero o exemplo de dedicación e sacrificio daqueles ben vale para marcarlle o camiño aos de agora.

Noticias web

12/11/2019