CRTVG

Buscar

Matteo Salvini será xulgado pola súa xestión migratoria

Publicado o 12/02/2020 16:10
Matteo Salvini será xulgado pola súa xestión migratoria

O Senado italiano aprobou este mércores retirar a inmunidade do líder da ultradereitista Liga, Matteo Salvini, pola súa xestión da inmigración cando era ministro do Interior na coalición de Goberno co Movemento Cino Estrelas.  

Salvini terá que sentar nun tribunal e responder polas súas políticas de portos pechados e por impedir aos migrantes salvados desembarcar en Italia, manténdoos durante días encerrados nos barcos das ONG que os rescataban. En concreto, o caso polo que Salvini terá que defenderse remóntase ao pasado xullo, cando o entón ministro do Interior impediu que chegasen a Italia 131 migrantes salvados no Mediterráneo e retívoos a bordo dun barco da Garda Costeira italiana durante cinco días.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2020