CRTVG

Buscar

Mata o seu compañeiro de residencia a bastonadas

Publicado o 08/10/2019 20:21

Ás dez da noite do luns, os Mossos d´Esquadra recibiron unha chamada desde esta residencia de maiores alertando do incidente. Cando chegaron atoparon un home de 80 anos morto. Tras interrogar as testemuñas, os axentes detiveron outro home de 70 anos, como autor da agresión.

Segundo parece, os dous compañeiros de residencia discutiron. Nun momento, o agresor colleu o seu bastón e deulle unha malleira á vítima, que morreu na propia residencia. Tiña un forte golpe na cabeza, pero de momento non se sabe se foi obra dos golpes co bastón ou da caída.

"Os Mossos d'Esquadra son os que están clarexando todo e investigando e nós temos que respectar o seu traballo e mostrar toda a colaboración do mundo con eles".

Os dous residentes xa tiveron outras discusións antes. O agresor está detido. Os axentes custódiano na propia residencia ata que pase a disposición xudicial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2019