CRTVG

Buscar

Mata a súa irmá cunha arma branca en Valencia

Publicado o 19/10/2019 21:40

En Valencia un home de 31 anos asasinou supostamente a súa irmá cunha arma branca. Os feitos sucederon contra as catro e media desta tarde. O agora detido chamou o 112 para informar de que matara a súa irmá, de 44 anos. Os axentes trasladados ao lugar atoparon o cadáver da muller e procederon á detención do home. As autoridades aseguran que non era a primeira vez que tiñan que acudir ao domicilio por alteracados entre os irmáns.

 

Noticias web

19/10/2019