CRTVG

Buscar

Mata a nai e convive dez días co corpo

Publicado o 24/09/2019 19:00

O suceso ocorreu nun piso deste edificio de Arenys de Mar. A policía detivo un veciño de 41 anos acusado de matar a nai e convivir 10 días co cadáver. Nese tempo ensinou a vivenda a persoas que querían alugala.

"Acoitelouna, envolveuna nuns plásticos e púxoa debaixo da cama. Estivo convivindo con ela durante 4 ou 5 días, que xa hai que ter valor. Entón puxo anuncios para vender os electrodomésticos e a roupa dicindo que se ían de aquí e querían ter o piso limpo para volver alugalo", dixo un veciño.

A identidade da vítima está protexida polo segredo de sumario. Pero sábese que era directiva dunha empresa téxtil. Precisamente, a voz de alarma deuse cando levaba días sen ir traballar.

Noticias web

24/09/2019