CRTVG

Buscar

Máscaras feitas en Galicia que non xeran residuos

Publicado o 08/08/2020 15:45

A idea tivérona dúas irmáns madrileñas que viven desde hai moito tempo en Galicia. Durante o confinamento, en plena costa da morte, non atopaban máscaras axeitadas para os nenos. Asi que pensaron que o mellor era fabricalas e intentar que as novas xeracións aprenderan a respectar aos demais e tamén o medio. Entre as moitas empresas do téxtil que non sobreviviron a crise, atoparon este pequeno obradoiro onde seguían cosendo.

"Levamos catro anos, con altos e baixos, agora pensamos qeu co Covid ía ser un parón importante, cando nós non paramos e dato o momento estamos facendo máscaras e tamén roupa de traballo", di  Irma Méndez, socia fundadora do obradoiro.

As dúas fundadoras sumáronse ao proxecto e acabaron contratando outras dúas persoas. Agora fan máscaras, para nenos e adultos, reutilizables, fabricadas con fibra vexetal e biodegradables.

"As nosas mascarillas son seguras, están homolgadas, son biodegradables, pódense compostar nun caixón de compostaxe", afirma Javier López, director de Gerifarma.

"É un tecido que se utiliza na roupa, nas sabas, non é un tecido novo, só lle demos valor", di Cristina, promotora do proxecto.

As máscaras véndenas en farmacias e a través da rede. Confían en distribuir entre este ano e o que vén unhas 32.000 porque cren que ainda que se atope unha vacina contra este virus, a máscara seguirá nas nosas vidas.

 "Estamos intentando, máis que vender enfermidade, vender que podemos cambiar", engade Cristina, creadora do proxecto.

Noticias web

08/08/2020