CRTVG

Buscar

Máscaras e distancia na homenaxe ás vítimas da COVID-19

Publicado o 16/07/2020 14:18

Distanciamento interpersoal e máscara protectora son as principais medidas de seguridade na homenaxe ás vítimas da COVID-19. Algúns levaron dúas. É o caso do vicepresidente Pablo Iglesias, que cambiou de máscara para participar no acto despois de chegar ao Palacio Real.

Precisamente a máscara puxo en dificultades o representante da Organización Mundial da Saúde. Rompeulle cando o saúdo ao Rei.

Tamén houbo un momento de complicidade entre a princesa de Asturias e Filipe VI cando Leonor lle lembra ao pai que volva poñer a máscara despois do discurso.

Pouco antes, era o Rei o que lle indicaba á princesa o lugar en que se tiña que colocar. O monarca tivo tamén un xesto coa raíña; á chegada ao Palacio ofreceulle o brazo para axudala a camiñar polas pedras.

As novas formas de saúdo impoñense tamén nos actos institucionais.

Hoxe puidemos ver xuntos a Aznar, Zapatero e Rajoy. González foi o único expresidente que non asistiu. E tamén xuntos por primeira vez desde a proclamación do Rei estaban todos os presidentes autonómicos.

Nesta homenaxe escoitamos "Silencio", unha poesía de Octavio Paz lida por José Sacristán. Foi un acto civil, solemne, de homenaxe ás vítimas e de recoñecemento á sociedade.

Noticias web

16/07/2020

Máis sobre actualidade