CRTVG

Buscar

Máscaras de deseño, unha alternativa para un Día da Nai atípico

Publicado o 01/05/2020 20:48

As tendas de horario libre ou 24 horas son outra opción á que estan recorrendo os que deixaron a compra dos regalos do día da nai para última hora. Pequenas xoias, libros ou chaveiros son algúns dos artigos demandados pero, obviamente, o produto estrela son as máscaras. Neste caso elaboradas a man e con deseño exclusivo.

"Este ano a novidade son as máscaras cosidas pola xefa cuns deseños moi atractivos."

Outra alternativa máis tradicional é recurrir ás confiterías e pastelerías para agasallar con tortas ou pasteis as nais no seu día. Pero as flores seguen a ser as raíñas da xornada e as florerías están desbordadas pola demanada de entregas a domicilio.

"Case todo o mundo pide ramos de rosas. Tamén se demandan orquídeas ou prantas ornamentais. Pero a maioría son rosas."

Máis aló dos regalos, o domingo vai ser un día da nai moi estrano porque moitas delas non poderán ver os seus fillos por causa do confinamento.

Noticias web

01/05/2020

Máis sobre actualidade