CRTVG

Buscar

Un taller de costura elabora en Sanxenxo máscaras de uso social para veciños

Publicado o 21/03/2020 19:11

Situacións como a que a estamos a vivir fan aflorar o lado solidario de moitas persoas.É o caso de Ana Álvarez, que desde o seu taller de costura dirixe un equipo de cen voluntarias que leva feito xa máis de once mil máscaras de uso social, grazas á cesión de tea especial por parte do Concello de Sanxenxo.

Non son de uso cirúrxico, nin hospitalario pero serven para protexer persoas que traballan con maiores ou empregados das tendas de alimentación ou a nós mesmos. A idea tívoa Ana Álvarez, que rexenta este obradoiro de costura de Meaño e estaa a desenvolver grazas a un equipo de preto de cen voluntarias.

A tea subministrouna de balde o Concello de Sanxenxo. Xestos coma este, en que colabora tamén unha lavandería industrial axúdanos a superar estes tempos difíciles.

Ana, coa voz crebada pola emoción, canalizou o seu medo e a súa pena con esta acción que pode evitar problemas sanitarios a moitas persoas.

Noticias web

21/03/2020