CRTVG

Buscar

Errejón, candidato de Más País, "para garantir un goberno progresista"

Publicado o 26/09/2019 10:14
Errejón, candidato de Más País, "para garantir un goberno progresista"

Íñigo Errejón foi recibido co berro de "presidente, presidente" na asemblea de Más Madrid. A plataforma que lidera preséntase ás eleccións xerais coa marca Más País. Dan un paso adiante para sacar a España do bucle en que se atopa pola irresponsabilidade, dixo Errejón, dos líderes políticos que non souberon pactar.

"Estou disposto a encabezar unha candidatura que garanta un goberno progresista con todos e todas nas próximas eleccións do 10 de novembro. Primeiro o país, despois as siglas. Nós concorremos para facer iso", dixo Errejón.

Di que Más País non quere ser parte do ruído, senón da solución: "Presentarémonos exclusivamente onde sirvamos de axuda ao bloque progresista", asegurou.

A candidatura de Errejón foi aprobada por unha esmagadora maioría da asemblea do seu partido.