CRTVG

Buscar

Martí: "A situación institucional é allea aos xogadores"

Publicado o 25/04/2019 17:55

O adestrador do Deportivo afástase por completo da situación institucional. Non é cousa súa, di, nin do equipo.

Jose Luis Martí: "Levo vinte e catro anos no mundo do fútbol. Para min as situacións que se produzan fóra son situacións que deben contestar os propios implicados. Non cambia nada para nós. Nós temos que dedicarnos ao que nos compete, que é intentar gañar cada fin de semana".

Algo que, con el, aínda non sucedeu. O Deportivo precisa a vitoria coma auga de maio para non se despedir do ascenso.

Jose Luis Matí: "A mensaxe non chega doutra maneira que non sexa gañando. Dependemos de nós, hai rivais directos aos que nos temos que enfrontar. Temos unha situación complicada coma o resto de equipos e, a partir de aí, a filosofía e a idea de conseguir os tres puntos e de mirar adiante porque cremos nas nosas posibilidades".

Na súa lista para Soria hai sorpresas: volven Carlos Fernández e Saúl. Pola contra, non subiron ao bus Didier Moreno e Vítor Silva, que foron titulares o pasado domingo.




 

Noticias web

25/04/2019