CRTVG

Buscar

Marlaska anuncia que elevará un 30% os valados de Ceuta e Melilla

Publicado o 17/02/2020 21:08

O ministro do Interior asegurou no Congreso que o ano pasado se reduciu un 50% a entrada de inmigrantes irregulares en Melilla. Unha semana despois de que os tribunais avalaran as devolucións en quente, Fernando Grande-Marlaska anuncia que elevará un 30% os valados de Ceuta e Melilla para reforzar a fronteira con Marrocos.

Fernando Grande-Marlaska, ministro do Interior: "A posta en marcha dun sistema de circuíto pechado de televisión, como vimos facendo. Co incremento da altura do valado nun 30% e a substitución das concertinas, como xa estamos facendo, por elementos que doten a fronteira de maior seguridade, pero sen sermos crueis"

Noticias web

17/02/2020