CRTVG

Buscar

Mariano Rajoy participa nunha andaina para promover a ruta xacobea pola comarca do Salnés

Publicado o 30/08/2020 15:13

Coa vista posta xa na celebración do ano santo dentro de menos dun ano, esta mañá Vilanova de Arousa acollía a promoción dunha variante do Camiño de Santiago a través da comarca do Salnés.

A denominada variante espiritual do Camiño Portugués contou coa presenza do expresidente do Goberno, Mariano Rajoy, que fixo o percorrido acompañado polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e polo alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán.

O grupo dirixiuse dende Ponte Arnelas ata chegar á vila arousá, onde embarcaron nun catamarán para completar a terceira etapa da ruta, vía marítima, ata Pontecesures.


 

Noticias web

30/08/2020