CRTVG

Buscar

Cospedal e o seu home, illados na súa casa tras daren positivo por coronavirus

Publicado o 24/03/2020 17:29
Cospedal e o seu home, illados na súa casa tras daren positivo por coronavirus

A ex-secretaria xeral do Partido Popular e ex-presidenta de Castela-A Mancha, María Dolores de Cospedal, e o seu marido, Ignacio López del Hierro, permanecen illados no seu domicilio de Madrid tras dar positivo en coronavirus, segundo informaron a Efe fontes coñecedoras da situación.

Cospedal, retirada da vida política e que traballa para un despacho de avogados, presidiu Castela-A Mancha entre 2011 e 2015 e o PP castelán-manchego entre 2006 e 2018. Tamén foi secretaria xeral dos populares a nivel nacional desde 2008 ata 2018 e ministra de Defensa entre 2016 e 2018.