CRTVG

Buscar

Margarita Robles visita a Escola Naval Militar de Marín

Publicado o 04/11/2019 15:50

A ministra de Defensa en funcións visitou esta mañá a Escola Naval Militar de Marín, pola que pasarán neste curso académico máis de 550 alumnos. Recibírona con honores e, posteriormente, visitou as aulas de formación dos futuros mariños, o simulador de navegación e as lanchas de instrución.

Margarita Robles interesouse polas obras de mellora que se acometen na Escola e compartiu almorzo cos alumnos. Con máis de 300 anos de historia, a ministra dixo que a Escola de Marín é un referente de presente e de futuro da Armada Española.

 

Noticias web

04/11/2019