CRTVG

Buscar

Marchas multitudinarias polo 8M nas principais vilas e cidades de Galicia

Publicado o 08/03/2020 21:36

Unha riada morada tomou o centro da cidade olívica na principal mobilización convocada polo Día Internacional da Muller. Milleiros de persoas sairon á rúa e, en moitos momentos, a ritmo de batucadas e cantigas reivindicativas completaron un percorrido que tiña como obxectivo fundamental reclamar unha igualdade real. Saben que xuntas son máis fortes e din que aínda queda moito por facer.

Ademais da de Vigo, desta hora son varias as marchas feministas que están tendo lugar nas rúas galegas para reclamar igualdade neste Día Internacional da Muller. Outra delas é a de Santiago.

Este 8M pon o foco no papel de coidadoras que exercen maioritariamente as mulleres. Darlles visibilidade é parte das reivindicacións, como comprobamos tamén en Ourense.

Tamén houbo marchas multitudinarias na Coruña, Lugo e outras vilas de Galicia.

Noticias web

08/03/2020