CRTVG

Buscar

Manuel Vargas, o heroe que salvou os seus dun incendio que arrasou a súa casa

Publicado o 21/02/2019 18:45

O sangue frío xunto co plan de evacuación que un veciño da Coruña tiña xa en mente salvoulles a vida a el, á súa muller e aos seus dous fillos, de dous e sete anos de idade. Na súa casa orixinouse un incendio e el foi quen de sacalos por unha ventá que dá ás escaleiras para fuxir do lume. O seu fogar aínda está inhabitable. Porén agora pensa que, se instalase un detector de lume, os danos serían moitos menos.

Inhabitable. Así está a vivenda en se produciu o incendio. Orixinouse no termo eléctrico que había na cocina e, ao rebentar, a auga que contiña apagou as lapas. Iso si, a casa foise enchendo dunha densa fumareda que foi a que alertou a muller de Manuel. Ao momento, ela espertouno.

Manuel Vargas: "Saímos ao corredor e xa non se vía nada. A fumareda era terrible...".

Mentres, el foi quen de alertar os veciños e tamén de poñer en marcha o plan de emerxencia que xa tiña en mente: "Volvín ao cuarto, púxenlles unhas toallas molladas...".

Agora, días despois, ten claro que para evitar este tipo de sinistros hai que ter instalado na casa un detector de fume. 

"Un detector de fumes que custa 20 euros pode salvarche a vida".

Sen querelo, Manuel xa se converteu nun heroe.

Noticias web

21/02/2019