Manuel Mosquera: "Unha liga de 24 ou de 26 é inxusta"
O Estremadura de Manuel xogaba nas Palmas o seu intranscendente derradeiro partido cando saltou a información dos positivos do Fuenlabrada.
Manuel Mosquera, adestrador do Estremadura U. D.: "Somos todos unánimes en pensar que había que suspendela enteira. Así ninguén sairía prexudicado. Creo que se podería esperar tres días. Iso si, supoño que o Fuenlabrada contaría con algún xogador menos, pero iso podería pasarnos a calquera equipo".
Para Manuel Mosquera, non hai solución boa. Nin sequera a Liga de 24, malia que o club estremeño mesmo chegou a formular unha segunda división de 26 equipos.
Manuel Mosquera, adestrador do Estremadura U. D.: "É inxusta, é desproporcionada, é ilexítima. Non ten sentido ningún. É incoherente. Nós non queremos unha liga de 24, nin de 26. Nós aceptamos o noso descenso, pero se hai unha proposta de 24, como é ilexítima, irresponsable e incoherente, nós dicimos que ten que ser de 26 ".
Tras o estado de alarma, o Estremadura retomou a liga no mesmo penúltimo posto que ocupou finalmente. Os 11 partidos en 40 días supuxeron un grande esforzo.
Manuel Mosquera, adestrador do Estremadura U. D.: "Mes e medio esgotador, tremendo. Foi moi difícil. Para equipos como o noso, moito máis aínda, porque todos tivemos baixas, pero as nosas, dentro do noso equipo, supoñen máis".
O presidente do Estremadura comunicou este luns a continuidade de Manuel Mosquera á fronte do equipo, tal como recolle o seu contrato.