CRTVG

Buscar

Manu Sánchez: "O novo Consello vai potenciar este proxecto"

Publicado o 18/01/2020 13:15

Na Liga Feminina o Deportivo Abanca xogará o seu partido desta xornada en Abegondo. E isto é noticia porque dende hai case dous meses non disputa un partido como local. Os últimos catro xogounos como visitante cun balance dunha vitoria, dous empates e unha derrota. Poderían debutar no encontro as colombianas Lorena Bedoya e Carolina Arbeláez.

O rival será o Betis, que está en descenso e acaba de contratar a Pier Luigi Cherubino como novo adestrador. No equipo hai confianza e tranquilidade polo que lles transmitiu esta semana o novo presidente. O encontro comezará o domingo ás 18.30 horas.

Noticias web

18/01/2020