CRTVG

Buscar

Manu Sánchez ensalza a figura de Mari Paz Vilas na previa copeira

Publicado o 08/02/2020 22:03

A catro días de xogar o partido de oitavos de final da Copa da Raiña en Riazor, o adestrador do Deportivo Abanca non quixo deixar pasar a oportunidade de ensalzar a figura de Mari Paz Vilas. Considera a xogadora vilagarciana como o gran referente do fútbol feminino galego "xunto con Vero Boquete", lembra a súa calidade como xogadora e a súa importancia dentro do Valencia. Sen ir máis lonxe é a cuarta goleadora histórica do cadro valencián, perseguindo a toda unha figura emblemática como a de Mario Alberto Kempes. Sánchez tamén quixo recordar o seu pasado "deportivista" polo que considera que "para ela tamén vai ser un partido moi especial". 

Noticias web

08/02/2020