CRTVG

Buscar

Mantense o bloqueo en Madrid e Murcia pola negativa de Ciudadanos a pactar con Vox

Publicado o 09/07/2019 16:53

Abascal quería un encontro a tres no Congreso, pero finalmente só acudiu o líder do Partido Popular, Pablo Casado. Reuníronse sen cámaras durante hora e media.

Pero Rivera insiste: se Vox quere, os negociadores de Ciudadanos, non el mesmo, volverán explicarlle o pacto asinado co PP. Pero Vox dá por morto ese acordo e mantén o seu non a menos de 24 horas do pleno de investidura na asemblea de Madrid. Isabel Díaz Ayuso pídelles aos dous partidos que cedan.

E así as cousas, o pleno de investidura celebrarase mañá sen candidato. Botan a correr, iso si, os prazos. Se non se forma goberno en dous meses, haberá que repetir as eleccións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/07/2019