CRTVG

Buscar

Mantense estable o gromo da residencia do Incio

Publicado o 27/08/2020 19:46

Un equipo médico do Sergas realiza controis diarios na residencia, con especial atención aos usuarios que deron positivo en coronavirus. O resto, uns 30 que deron negativo no último cribado, permanecen separados e atendidos por persoal diferente. A dirección da residencia confirma que, agás os que están hospitalizados, o resto de anciáns son asintomáticos. E que, polo menos polo momento, non pensan en pechar o xeriátrico.

Mariló Felices, directora da residencia do Incio: "A situación é difícil, pero estamos fortes, estamos loitando para saír, facer o que faga falta para sacar os nosos maiores adiante. Unha gran maioría son asintomáticos, están tranquilos, ben, rodeados de xente que os quere, informamos as familias a diario".

Mentres, no Incio, a maioría da poboación optou por confinarse voluntariamente. Sanidade prepara un cribado masivo, co fin de ver se o virus circulou pola vila.

De momento, na localidade confirmáronse seis contaxios, todos eles con vinculación coa residencia de maiores.












 

Noticias web

27/08/2020