CRTVG

Buscar

Maniféstanse diante do Congreso para reclamar a revolorización das pensións co IPC

Publicado o 30/09/2019 16:05

Nova manifestación de pensionistas diante do Congreso para defender que se revaloricen estas prestacións segundo o IPC. Un IPC que se afunde no mes de setembro ao 0,1 por cento, a taxa máis baixa dos últimos tres anos. Isto débese ao prezo da luz.

Esta concentración estaba convocada por Comisións Obreiras. O sindicato pídelles aos partidos que se comprometan coa suba das pensións antes das eleccións e advirten de novas mobilizacións se non se revalorizan.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/09/2019