CRTVG

Buscar

Manifestacións en Pontevedra e Vigo polo peche de camas e pola falta de pediatras

Publicado o 10/05/2019 21:18

Esta tarde houbo dúas manifestacións de protesta pola sanidade. A primeira foi en Vigo. Alí, convocados pola Plataforma Pediatras para todos, saíron á rúa para pedir máis medios e máis profesionais na cidade olívica e na súa área sanitaria. A outra manifestación foi en Pontevedra e convocada pola Agrupación Sindical de Profesionais da Saúde de Galicia. Protestan contra o peche de camas nos meses de verán no hospital Provincial e no de Montecelo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/05/2019