CRTVG

Buscar

Manifestación na Guarda para pedir unha ecosenda na parroquia de Camposancos

Publicado o 01/03/2020 19:18

Centos de persoas participaron esta mañá nunha manifestación para pedir unha ecosenda na parroquia de Camposancos. É unha estrada que rodea o monte Tegra, un dos grandes atractivos turísticos de Galicia e que é moi transitada por vehículos, estudantes e deportistas.

De noite e de madrugada, ás escuras por este vial cada día arriscan a súa integridade os que se atreven a camiñar pola estrada que atravesa o centro da entidade local menor para ir ao instituto, ao centro de saúde ou o centro da vila da Guarda. Queren que se faga unha ecosenda que compartan peóns e bicis. Son menos de tres quilómetros polos que levan agardando toda a vida.

Ademais do máis de milleiro de veciños que viven no núcleo de Camposancos, a zona é empregada por deportistas, turistas, ciclistas ou xente que vai andar ou simplemente gozar das vistas desta estrada que rodea un dos reclamos turísticos máis importantes de Galicia: o monte Tegra.


 

Noticias web

01/03/2020