CRTVG

Buscar

Manifestación multitudinaria na Arxentina contra a corentena

Publicado o 18/08/2020 08:42

Na Arxentina varios miles de persoas saíron ás rúas en protesta contra a corentena de máis de 150 días polo coronavirus. Ese era o motivo principial da convocatoria feita ta través das redes sociais. Na marcha tamén se exhibiron pancartas e corearon outras consignas contra o Goberno de Alberto Fernández, como o proxecto de reforma xudicial.

A mobilización da capital, Bos Aires, acabou no Obelisco, pero tamén houbo manifestacións noutras cidades da Arxentina.

Noticias web

18/08/2020