CRTVG

Buscar

Manifestación en contra dunha casa de apostas en Redondela

Publicado o 26/10/2019 20:41

Veciños de Redondela sairon á rúa para amosar o seu rexeitamento a apertura dunha casa de aposotas na súa localidade. A sala de xogos estaría a tan só 200 metros da zona escolar onde se atopan tres institutos e un colexio. Consideran que a normalización do xogo e as apostas só beneficia aos empresarios e ao negocio que o sustenta e supón un problema de saúde pública ao provocar adicións. Os manifestantes advirten que os menore e adolescentes son un colectivo moi vulnerable. Máis de 60 colectivos apoiaron a manifestación que percorreu as principais rúas de Redondela.

Noticias web

26/10/2019