Mañá remata a 3ª edición do gran foro sobre o Camiño de Santiago, Fairway 2019
Publicado o 11/02/2019 16:10
Está en marcha en Santiago o foro sobre o Camiño: Fairway Santiago, toda unha feira onde non falta unha ampla exposición de produtos relacionados co Camiño de Santiago.
Hai de todo. Dende a promoción das vías máis tradicionais ata outras máis alternativas. Son máis de cen expositores, entre os que hai representados 50 concellos galegos e incluso unha comitiva dunha das rutas de peregrinación máis coñecidas de Asia: a vía Kumano Lodo que se desenvolve no Xapón.
A vista da Fairway Santiago está posta no Xacobeo de 2021, en que confían en bater todas as marcas históricas en número de visitas e de peregrinacións a Compostela.