CRTVG

Buscar

Mañá levantan a suspensión dos prazos procesuais

Publicado o 03/06/2020 20:40


A Administración de Xustiza recupera desde mañá a súa actividade plena. Levantan a suspensión dos prazos procesuais, suspendidos pola declaración do estado de alarma. Tamén deixan de estar en suspenso os prazos de prescrición e caducidade de dereiros e accións. Desde o Ministerio explican que a reactivación do sistema xudicial é un paso importante na reconstrución do país.

Noticias web

03/06/2020