CRTVG

Buscar

Abren os concesionarios con cita previa

Publicado o 11/05/2020 07:37

Estivemos en dous concesionarios que abren tras adoptar as medidas necesarias nas instalacions e nos vehículos para xerar confianza e seguridade entre os seu clientes.

Cada día tamén se medirá a temperatura aos case corenta traballadores que ten a empresa na provincia e que recuperará do ERTE, unha aposta importante por volver á normalidade, malia que o coronavirus fixo que en todo o mes de abril en España só se matriculasen o mesmo número de cohes ca antes nun só día.

Nestoutro concesionario mantiveron os servizos mínimos para reparacións. Tamén queren garantir a saúde dos empregados e recuperar a clientela.

Ata que esteamos na segunda fase será necesaria a cita previa para acudir aos concesionarios.

Noticias web

11/05/2020