CRTVG

Buscar

Malta acolle os 49 migrantes rescatados polos barcos de Sea-Watch e Sea Eye

Publicado o 10/01/2019 08:41

Malta acollerá finalmente os 49 inmigrantes que foran rescatados por dous barcos das oenegués Sea-Watch e Sea Eye, atrapados no Mediterráneo á espera dun porto seguro. Levan case vinte días á deriva. A súa odisea comezara antes do Nadal, tentando escapar de Libia, e co mar bravo. Foran rescatados por dous barcos humanitarios, en dúas quendas. Malta permitíralles entrar nas súas augas pero non atracar. Ao final, cedeu ante a alerta dos médicos de que a situación era insostible, mesmo con vidas en perigo. Serán trasladados a terra por un barco militar.

Noticias web

10/01/2019