CRTVG

Buscar

Malestar no Goberno madrileño por seguir na fase 0 da desescalada

Publicado o 16/05/2020 10:02

Madrid pedira pasar á fase 1, e non está de acordo con manterse na 0. A presidenta da comunidade, Isabel Díaz Ayuso, nun comunicado asegura que lle pedirá a Sanidade un informe para coñecer os criterios obxectivos que substentan o rexeitamento ao cambio de fase.

Avisa que, de non recibilo ou de comprobar prexuízos deliberados, tomará medidas legais. O seu vicepresidente, Ignacio Aguado, de Ciudadanos, aseguraba en Twitter que a decisión foi política e que condena milleiros de madrileños á ruína. Así explicaba Fernando Simón os motivos polos que Madrid non pasa de fase mentres o conselleiro de Sanidade da comunidade fala de castigo severo aos madrileños.

 

Noticias web

16/05/2020