CRTVG

Buscar

Máis mobilizacións na rúa en Francia en contra da reforma das pensións

Publicado o 08/12/2019 12:55

En Francia continúan as mobilizacións esta fin de semana en contra da reforma das pensións liderada polo presidente Macron, que será presentada o mércores.
Os sindicatos e os chalecos amarelos coinciden na oposición a un plan que pretende reunificar os 42 sistemas de pensións existentes no país nun só. Os sindicatos ferroviarios paralizan o 90% do tráfico de trens. Son os máis activos, porque se expoñen a perder unha modalidade de xubilación privilexiada, superior á dos funcionarios. Para o martes hai convocada unha nova folga xeral, pero as protestas na rúa non se interrompen nestes días previos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/12/2019