CRTVG

Buscar

Máis fogares para acoller ou adoptar cans rescatados dos camiños do Camiño

Publicado o 23/06/2019 09:00

Protectoras socorren animais accidentados, maltratados, abandonados ou perdidos

Nas zonas do rural galego polas que pasan as rutas xacobeas hai polo menos un can por cada veciño e da situación preocupante dalgúns deles alertan algúns pegregrinos. A Asociación Protectora de Animais do Camiño, Apaca, traballa para socorrer, sobre todo, cans accidentados, feridos, permanentemente atados, abandonados e perdidos. Apaca media cada vez con máis familias galegas para que lles den un novo fogar a eses animais.

No vídeo principal completo seguímoslle a pegada á situación dos animais que malviven no camiño e ao camiño que teñen que seguir ata atopar un novo fogar mellor.  Nos de abaixo, etapa por etapa, avanzamos como avanza a situación. Propómosvos para os vosos móbiles un formato novo: #VerTiGal  para que tamén poidades ver en vertical o fundamental: ollo que amais de ver hai que premer, para escoitar cada historia. Facede play ao final para ver o total.

Da man da xornalista de TVG Belén Baños Riádigos, descubiremos novos valores do Camiño no camiño, grazas á laboura de persoas coma Raquel Freiría Mato, voceira de Apaca e á solidariedade de de familias de acollemento, como a de Alba Pereira, ou da das de custodia compartida ou de adopción de cans e cadelas rescatadas e socorridas nas rutas xacobeas, como a de Patricia Quintana e as súas fillas.

09:00

18. Para saber máis, fai play no vídeo que aparece a continuación: contámosche máis !

18. Para saber máis, fai play no vídeo que aparece a continuación: contámosche máis !

09:00

17. Hai familias que se solidarizan adoptando cans que o pasaron peor e que o teñen máis difícil

21:00

16. Custodias compartidas para evitar a dor da separación cando o can atopa outro dono definitivo

09:00

15. Os fogares que acollen temporalmente un can axúdano a rehabilitarse e a vivir en sociedade

09:00

14. Estúdanse perfís de cans e de familias para aquelar a mellor fórmula de acollemento ou de adopción




 

09:00

13. No último ano, un cento de familias adoptaron cans do Camiño e vintenas acolléronnos

09:00

12. Cadelas e cans socorridos ou recollidos do Camiño precisan fogares de acollemento ou de adopción

12. Cadelas e cans socorridos ou recollidos do Camiño precisan fogares de acollemento ou de adopción

09:00

11. Para un pioneiro refuxio autorizado no Camiño piden un chan público co apoio de 88.000 sinaturas

00:00

10. Moitos peregrinos avisan de animais desasistidos polo que Apaca quere abrir un centro ético no Camiño

21:00

9. Chama á Garda Civil se ves maltratado un animal e ao Concello se está perdido ou abandonado

09:00

8. Concienciar contra o costume de ter cans sempre atados e para esterelizar e evitar matar camadas

09:00

7. Animais accidentados, feridos, abandonados e perdidos teñen axuda de Apaca dende hai máis dun lustro

09:00

6. Queren habilitar unha unidade móbil de socorro para atender axiña os animais e informar á xente nas rutas

09:00

5. Dos tratamentos veterinarios de urxencia para cans accidentados no Camiño ocúpanse Apaca e os Concellos

5. Dos tratamentos veterinarios de urxencia para cans accidentados no Camiño ocúpanse Apaca e os Concellos

09:00

4. De atopar un animal accidentado, cómpre chamar ao 112, mentres non haxa un protocolo oficial

09:00

3. Todos os días hai animais que morren ou quedan feridos en accidentes nas rutas xacobeas

09:00

2. VerTiGal: ver en vertical o fundamental no móbil - Amais de ver, premer para escoitar - Play ao final para ver o total

2. VerTiGal: ver en vertical o fundamental no móbil - Amais de ver, premer para escoitar - Play ao final para ver o total

09:00

1. Cada vez máis cans e cadelas socorridos no Camiño atopan un fogar en Galicia

1. Cada vez máis cans e cadelas socorridos no Camiño atopan un fogar en Galicia

Noticias web

23/06/2019