CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Máis dun milleiro de escolares ourensáns coñecen de primeira man a historia do clarinete

Publicado o 13/04/2018 14:35


Máis dun milleiro de escolares de Ourense aprenderon a historia do clarinete e da música en xeral grazas a uns concertos didácticos. Estaban encantados cunha xornada fóra das aulas en que aprenderon moito. Escoiten.

Xa os escoitaron, aprenderon a lección de hoxe de marabilla. Un percorrido polos máis de 400 anos de historia do clarinete para saber como é e como funciona. A música e a animación motívaos para adquirir coñecementos, din, máis que as clases de diario.

Encantados con 'Clarinetarium', o concerto didáctico para escolares. Máis de 1.100 alumnos achegáronse ao Auditorio Municipal de Ourense para participar.

E comprobaron como cambia un filme cando se lle pon unha boa banda sonora. A música como linguaxe e emoción.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí