CRTVG

Buscar

Máis do 50% dos accidentes en Galicia son por mor do xabaril

Publicado o 07/10/2019 14:11

Nos últimos cinco días, só na provincia de Ourense producíronse máis dunha ducia de accidentes de tráfico por atropelo de xabarís. E o problema, din, increméntase nos meses de outono, porque aumenta a presenza do porco bravo nas estradas galegas. Os condutores confirman que son un perigo.

E como se debe actuar cando atopamos nas estradas un xabaril? Se vemos o animal con distancia a recomendación á darlle ás luces e rebaixar a velocidade ata que saia da vía.

Este ano en Galicia producíronse máis 7 de accidentes diarios por atropelo de xabaril. E segundo datos de Tráfico, desde xaneiro a setembro xa se rexistraron 1.805, máis da metade dos accidentes son por mor destes animais cinexéticos.

Noticias web

07/10/2019