CRTVG

Buscar

Máis de trinta incendios seguen activos en Cantabria

Publicado o 17/02/2019 21:12

E en Cantabria, máis de trinta incendios permaneceron hoxe activos, o que levou as autoridades a pedir axuda á Unidade Militar de Emerxencias.

Desde o xoves pasado rexistráronse un cento de incendios na faixa central da comunidade, na súa maior parte intencionados, favorecidos polo tempo seco e polo vento do sur.

Ata o momento non afectaron zonas habitadas. Nos traballos de extinción traballaron unhas 700 persoas. As autoridades agardan que a situación quede controlada este luns, coa chegada de chuvia á tarde.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2019