CRTVG

Buscar

Máis de tres décadas medindo o tempo a diario

Publicado o 18/12/2019 15:03

Montou a primeira estación meteorolóxica a comezos dos anos 80 como complemento á materia de física que impartía neste instituto do Carballiño. Para que as medicións foran homologables solicitoulle ao Instituto Nacional de Meteoroloxía diferentes aparellos.

Unha estación moi completa pero que require dunha supervisión diaria. Este aparello permítenos medir as horas de luz solar e estoutro a evaporación da auga. Tamén se rexistra a forza do vento.

Aquí quedan rexistrados todos os datos que nos permiten analizar a evolución climática da comarca.

A temperatura máis baixa -12 graos en 2001. Ademais tamén realizan un estudo fenolóxico.

O profesor de bioloxía é o substituto deste colaborador como home do tempo. Pero por agora, 37 anos despois, xa xubilado, Miguel segue acudindo todos os días ao instituto para comprobar as medicións meteorolóxicas.

Noticias web

18/12/2019