CRTVG

Buscar

Máis de mil mortos desde agosto a causa da epidemia de ébola no Congo

Publicado o 04/05/2019 11:09

O brote de ébola que azouta desde agosto do ano pasado o nordeste da república democrática do Congo causou xa 1.008 mortos dun total de 1.529 contaxios, segundo informa o Ministerio de Sanidade congolés. Dos falecidos, 942 foron confirmados no laboratorio, mentres que 1.463 contaxios deron positivo, de acordo con cifras obtidas ata o dous de maio. Estes datos agudizan unha epidemia que está considerada a maior na historia desta república africana e a segunda peor do mundo.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/05/2019