CRTVG

Buscar

Máis de cen concellos aceptan tramitar as súas axudas á hostalería a través da Xunta

Publicado o 02/03/2021 20:39

A Xunta ofrécese aos concellos para tramitar os pagamentos de axudas á hostalería a través do sistema autonómico, máis rápido e con menos burocracia. Máis dun cento de concellos interesáronse na proposta, que lles permitirá pagar as súas axudas aos locais do seu municipio con máis axilidade. O obxectivo é que os afectados poidan cobrar nun prazo máximo de tres meses.

Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta: "O que acordamos foi empezar xa a tramitación dunha axuda de mil euros por cada local de hostalería. Deste xeito os concellos poderán facer chegar as súas axudas seguidamente das da Xunta"


 

Noticias web

02/03/2021