CRTVG

Buscar

Máis de 80 concellos galegos, libres da covid

Publicado o 28/02/2021 22:01

A situación epidemiolóxica vai baixando, e iso nótase tamén en que cada vez hai máis concellos que poden presumir de estar libres de covid. O domingo pasado falabamos de 53 municipios sen covid e hoxe xa son 81. 

O mapa que empregamos para darlles conta deste dato, tínguese cada vez máis de verde. A provincia que segue tendo máis concellos libres de coronavirus é Ourense. Son 41. Ségueo o de Lugo, con 31.

Como ven, as provincias atlánticas son as que presentan menos concellos nesta situación. A de Pontevedra ten cinco: O Covelo, Dozón, Rodeiro, Mondariz-Balneario e Portas e a da Coruña ten catro. Son Trazo, A Capela, Somozas e Santiso.

 

 

Noticias web

28/02/2021