CRTVG

Buscar

Máis de 64.000 infectados e case cinco mil falecidos, últimas cifras do coronavirus en España

Publicado o 28/03/2020 10:25

No conxunto de España hai máis de 64.000 infectados, e volve subir a cifra de falecidos por día, despois do descenso de xoves. Nas últimas 24 horas morreron 769 pacientes, co que o balance de vítimas supera as 4.800. Madrid prepara para o luns outro gran tanatorio no que ía ser o
Palacio da Xustiza.

769 falecidos nun só dia. É a cifra mais alta desde que empezou a crise pero a porcentaxe sobre o numero total de casos mantense estable. Os expertos agárranse a este dato para falar de esperanza

Tamén baixaron os novos contaxios , por segundo dia consecutivo. Serán necesarios máis días de baixada para falar de tendencia pero o "ansiado pico", din, está cerca.

O obxectivo é evitar que se saturen as UNIDADES de criticos coa chegada de novos enfermos polo que o Goberno está estudando, segundo Fernando Simón, a posibilidade de endurecer o decreto do estado de alarma. O pico no número de contaxios coincidiría, ademais, con menos sanitarios dispoñibles. A dia de hoxe , o número de infectados ascende a 9444.

O dato positivo: A cifra de persoas curadas xa duplica a de falecidas.

 

Noticias web

28/03/2020