CRTVG

Buscar

Máis de 50 mortos na desbandada no funeral de Soleimani

Publicado o 07/01/2020 19:53

Polo menos 50 persoas morreron e máis de duascentas quedaron feridas nunha desbandada provocada pola multitude que acudía ao funeral do xeneral iraniano asasinado o venres polos Estados Unidos.

As autoridades iranianas atribúen a traxedia á afluencia masiva de cidadáns, descartando a posibilidade dun atentado terrorista. Tanto o funeral como o posterior enterro de Soleimani atrasáronse durante varias horas, mentres os membros de seguridade pedían que a multitude abandonase a zona.

Non se descarta que o número de vítimas aumente.


 

Noticias web

07/01/2020