CRTVG

Buscar

Máis de 50 hectáreas queimadas en dous incendios forestais, no Courel e Fisterra

Publicado o 13/01/2019 21:32

Mediados de xaneiro e dous incendios afectan os montes galegos. Arderon algo máis de 50 hectáreas. No concello lucense de Folgoso do Courel, o lume está controlado. Prendeu na parroquia de Noceda e queimou unhas trinta hectáreas. As imaxes son da parroquía de San Martiño de Duio, en Fisterra. Ardía dende o amencer e, segundo Medio Rural, xa foi extinguido. Arrasou 26 hectáreas de monte raso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2019