CRTVG

Buscar

Máis de 300 persoas combaten os 40 incendios activos en Asturias

Publicado o 05/03/2019 08:23

• Preocupa moito a previsión meteorolóxica. Advirten de forte vento na zona durante esta tarde. 

Asturias rexistraba a primeiras horas da mañá 97 incendios forestais activos, 20 máis ca a últimas horas do domingo. O monte arde en 32 dos 72 concellos asturianos.

"Oes, eu preocupadísima porque teño as cortes para alá e teño as vacas, e teño que estar pendente do lume". "Queimouse unha alá enriba agora. Mira, aínda está queimándose, mira para alí, que aínda se ve. E agora está meténdose aquí aos prados".

Máis de 300 bombeiros, brigadistas e militares da UME traballan nos labores de control e extinción do lume. O Ministerio de Agricultura enviou dous hidroavións e un helicóptero ao Principado para reforzar as 4 aeronaves que xa combaten os incendios na zona.

O risco de incendio forestal é extremo ou moi alto en todo o territorio asturiano, por mor das altas temperaturas e da baixa humidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/03/2019