CRTVG

Buscar

Máis de 30 mortos nas protestas contra a violencia policial en Nixeria

Publicado o 22/10/2020 09:04

Os disturbios esténdense en Nixeria despois da violenta represión das protestas contra os excesos da policía que deixan máis de 30 mortos e centos de feridos.

Os incidentes máis graves ocorreron en Lagos, a maior cidade do país e antiga capital, onde as forzas de seguridade dispararon contra os manifestantes que ocupaban unha estación de peaxe.

Durante os disturbios arderon varias comisarías, unha estación de autobuses, a sede dunha televisión local e outros edificios.

Noticias web

22/10/2020