CRTVG

Buscar

Máis de 270.000 persoas padecen en Galicia enfermidade renal crónica

Publicado o 03/10/2019 14:11

Un milleiro de especialistas en nefroloxía cítanse esta fin de semana na Coruña no seu congreso nacional. E boa parte do encontro centrarase no incremento da enfermidade renal crónica. Xa afecta máis de 270.000 persoas en Galicia, das que 3.700 precisan diálise ou transplante.

Incrementar a porcentaxe de enfermos que se poden dializar na casa e potenciar os transplantes de doadores vivos son os logros que pon sobre a mesa o Complexo Hospitalario da Coruña. 

Miguel Pérez Fontán, do Servizo de Nefroloxía do CHUAC, indica que nese centro as taxas de diálise en domicilio "son superiores en case cinco puntos á media nacional, superan o 20 por cento, e destacamos en transplante procedente de doador vivo, con 30 procedementos ao ano, moi por riba da media nacional".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/10/2019