CRTVG

Buscar

Máis de 100 xenes identificados na enfermidade do alzhéimer

Publicado o 10/10/2019 20:39

Vigo acolleu a celebración dunha xornada de investigación sobre a enfermidade do alzhéimer á que acudiron diferentes expertos, entre eles, Ángel Carracedo.

Á nai de Teresa diagnosticáronlle alzhéimer no 2010 e a súa irmá no 2016. Non estableceron unha referencia xenética, no caso da nai decatáronse polos descoidos. A súa irmá ten síndrome de Down e está relacionado directamente co alzhéimer, segundo as últimas investigacións.

O cerebro produce milleiros de neuronas novas ata pasados os 80 anos. Investigadores observaron unha alta capacidad de rexeneración no hipocampo, epicentro da memoria e a aprendizaxe, en pacientes con enfermidade de alzhéimer.

Os investigadores están a buscar cales son os xenes implicados na enfermidade e polo de agora son máis de cen.

En Galicia hai unhas 65.000 persoas diagnosticadas con alzhéimer. A media é aos 70 anos, pero cada vez se está a diagnosticar en idades temperás.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2019